publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Uns 200 corredores participarán no VI Descenso Urbano da Vila de Sarria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLugoSarria
A-
A+

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto á Alcaldesa de Sarria, Pilar López Yáñez, o Concelleiro de Deportes, Efrén Castro Carloto; o Presidente do Clube DHG Galicia, David Somoza, e o exciclista profesional, Ezequiel Mosquera, presentou este martes no concello sarriano o VI Descenso Urbano da Vila de Sarria, co que colabora o organismo provincial con 6.000 euros, converténdose no principal patrocinador da cita. Trátase dun evento deportivo xa consolidado no panorama galego, no que participarán uns 200 corredores.

Rivera Capón apuntou que “colaboramos con este tipo de iniciativas que poñen no mapa do deporte, xa non só de Galicia, senón de todo o país, á vila de Sarria e á nosa provincia, o que de seguro axudará a impulsar a economía local durante a fin de semana”. O Deputado lembrou tamén o compromiso do Goberno da Deputación con este tipo de eventos e apuntou que “só durante este ano financiaremos, con 239.000 euros, un total de 78 actividades turísticas en 42 Concello lucenses”.

López Yáñez agradeceu a colaboración do Goberno da Deputación “neste proba deportiva que enche as rúas da nosa vila e dá a coñecer todas as potencialidades das que dispomos como Concello”.

Programación

O Descenso Urbano da Vila de Sarria terá lugar os días 22 e 23 de xullo. Durante a primeira xornada, os ciclistas participantes nesta proba poderán entrenar sobre un circuito que transcurre dende o punto máis alto da vila, o Campo da Feira, ata a illa do Paseo do Malecón. Acrobacias extremas, saltos sobre coches ou camións, son só algunas das probas as que os ciclistas se enfrontarán.

O domingo continuarán os entrenos durante a maña e, á tarde, terá lugar a carreira. A primeira ás 16:00 horas; e a segunda ás 17:30 horas. Premiaranse aos máis rápidos da xeral así como por categorías: Cadete, Junior, Elite, Master 30, Master 40, sub 23 e Féminas.

12 de xullo de 2017 | 13:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.