publicidade hoxe

Rey Varela estuda a situación dos servizos sociais no Concello de Manzaneda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaManzaneda
A-
A+

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, continuou hoxe coa rolda de encontros con alcaldes e alcaldesas de Galicia para afondar nas liñas de colaboración entre administracións cunha xuntanza co primeiro edil do concello de Manzaneda, Félix Domínguez Cortiñas. A entrevista, que tivo lugar en San Caetano, serviu para abordar a situación dos servizos sociais prestados pola administración autonómica nesta vila da provincia de Ourense.

No que respecta á área de familia e infancia, Manzaneda conta desde o ano pasado coa casa niño O Bicarelo, un recurso orientado a atender as necesidades de conciliación das familias e que foi concebido pola administración autonómica para favorecer a igualdade no acceso aos servizos con independencia do lugar de residencia. As casas niño ofrecen unha atención integral e personalizada con carácter gratuíto na modalidade de atención diúrna de luns a venres e as familias poderán levar aos nenos e nenas un máximo de oito horas diarias. A atención prestada comprende a atención específica das necesidades básicas de alimentación, hixiene e descanso de acordo coa idade e a contribución ao desenvolvemento físico, motor, afectivo, intelectual e social do neno ou nena. Tamén no eido das persoas maiores, a Consellería de Política Social oferta 5.148 horas anuais para o Servizo de Axuda no Fogar en Manzaneda.

Ao finalizar o encontro, ambos mandatarios acordaron seguir estudando posibles novas vías de colaboración entre a administración autonómica e a local para mellorar os servizos de atención aos cidadáns.

7 de xullo de 2017 | 14:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.