publicidade hoxe

O Igape destaca o cumprimento normativo como clave para transmitir confianza e mellorar a competitividade empresarial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+

O director do Igape, Juan Cividanes, destacou hoxe o cumprimento legal e normativo como unha das claves para que as empresas, sexa cal sexa a súa dimensión, poidan mellorar a súa reputación corporativa, transmitir confianza e, en consecuencia, mellorar a súa competitividade.

Durante a súa intervención na apertura de Complicongress, o evento especializado no Compliance nas organizacións que se desenvolve en Santiago de Compostela, Cividanes resaltou que o cumprimento da normativa debe integrarse na cultura empresarial porque achega seguridade xurídica e facilita novas oportunidades para as compañías.

Juan Cividanes salientou que o cumprimento normativo pode beneficiar tanto a autónomos e a pemes como ás grandes empresas, dado que abre novas posibilidades, desde a mellora de posicións para acceder a financiamento ata o incremento de posibilidades nas licitacións públicas, pasando pola seguridade xurídica na xestión cotiá ou a apertura a novas alianzas ou mercados.

Lembrou que, a través do Igape que desenvolve programas como o ReAcciona, a Consellería de Economía, Emprego e Industria facilita o acceso das pemes a servizos especializados como o de control por procesos que fai posible a redución de riscos na xestión corporativa, contribuíndo, deste xeito, á mellora da competitividade das compañías.

Complycongress inclúe relatorios e mesas redondas sobre a situación do Compliance en España e a súa achega como nova forma de xestionar riscos legais, sobre os aspectos penais da imputación das persoas xurídicas ou sobre as problemáticas asociadas aos delitos económicos ou financeiros nas persoas xurídicas.

5 de xullo de 2017 | 14:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.