publicidade hoxe

O goberno local mellora a accesibilidade en 16 pasos de peóns por 50.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

Abel Caballero explicou este luns que se está executando o rebaixe das beirarrúas en 16 pasos de peóns para facelos accesibles, unha medida xa incorporada en cada humanización feita en Vigo. O Concello xa rebaixou tres pasos na rúa Pateira e traballa hoxe na rúa Faisán 19.

O alcalde recordou a mellora “importantísima” en accesibilidade que supón as humanizacións, pois todas incorporan beirarrúas rebaixadas nos pasos de peóns. O Concello continúa agora ese proceso con case 50.000 euros para outros 16 pasos máis.

O goberno vigués xa realizou os rebaixes nas beirarrúas para os pasos de peóns da rúa Pateira, á altura dos números tres, cinco e dezasete. Hoxe mesmo se traballa na accesibilidade do paso da rúa Faisán 19, segundo apuntou Caballero.

En próximos días, o goberno local prevé completar a accesibilidade de pasos existentes en Baixada a Samil, na Gran Vía, Pizarro, Florida, Luis Seoane, Hispanidade, Torrente Ballester, Conde de Gondomar, Avenida Atlántida e Limpiño con Teixugueiras.

17 de xullo de 2017 | 14:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.