publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O ‘Corazón da Artesanía’ pecha a súa edición máis concorrida con máis de 9.000 visitantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAgoladaLocal Portada
A-
A+

Máis de 9.000 persoas participaron no VI Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia. Corazón da Artesanía, que se celebrou nos Pendellos de Agolada (Pontevedra) desde o venres ata onte organizado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. Este evento integral de divulgación e de posta en valor da artesanía e dos oficios artesáns, así como da súa interrelación con outras disciplinas artísticas, pechou así a súa edición máis concorrida.

Ademais dos postos de demostración e venda de artesanía e de produtos alimentarios de calidade, despertaron especial interese tanto as actividades para o público en xeral, como o tear participativo ou os obradoiros de cerámica, como aquelas destinadas a artesáns e profesionais doutras disciplinas. E un ano máis, cubríronse todas as prazas dos showcookings celebrados no marco da iniciativa Artesanía no prato.

Entre as novidades que tiveron mellor acollida destacou o workshop de debuxo na rúa con Urumo e o primeiro Campus dos Oficios, centrado este ano na madeira e que reuniu a arredor de medio cento de especialistas, entre os que se atopaban arquitectos, deseñadores, artesáns, e representantes do mundo empresarial e da Universidade, entre outros.

O Corazón da Artesanía en Agolada converteuse nestes anos de vida nun espazo de diálogo entre a artesanía, o deseño, a arquitectura e a moda, de reflexión sobre o proceso creativo e de novas propostas sobre a interacción da artesanía no desenvolvemento do rural.

10 de xullo de 2017 | 14:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.