publicidade hoxe

López Abella destaca a importancia do programa Re_Activa destinado a mulleres con discapacidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPalas de Rei
A-
A+

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella indicou hoxe a importancia do programa Re_activa, que está dirixido a mulleres con discapacidade, con especial fincapé nas mulleres residentes de zonas rurais pouco poboadas.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella visitou esta maña o taller organizado por Acadar, no marco do programa ‘Re_Activa. Servizo de atención integral a mulleres con discapacidade’, e onde indicou que a Secretaría Xeral da Igualdade a través da convocatoria de axudas e subvencións para as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de vulnerabilidade concedeu a ACADAR unha subvención de 38.437 euros para levar a cabo o Programa ‘Re_Activa. Servizo de atención integral a mulleres con discapacidade’

Re_Activa

O programa ten coma obxectivo xeral, proporcionar unha atención integral ás mulleres con discapacidade potenciando as súas capacidades e competencias para o desenvolvemento dunha vida autónoma.

No marco do programa ofrecese información sobre os recursos e servizos dispoñibles para as mulleres con discapacidade; deseño de estratexias individuais para favorecer a adquisición ou recuperación de funcións e habilidades persoais e sociais; promove crenzas racionais e actitudes positivas que potencien o desenvolvemento persoal da mulleres, incrementando a súa autoestima e fomentando estados de ánimo positivos; fomenta a comunicación entre as persoas de cara a reducir e/ou resolver conflitos.

Ademais, ten tamén como obxectivos, mellorar habilidades sociais básicas así como a comunicación verbal e non verbal, fomentar o empoderamento das mulleres para que tomen o control da súa propia vida; dotar ás mulleres das ferramentas e recursos suficientes para que poidan facer fronte a posibles situacións de violencia e/ou maltrato; e fomentar a creación de redes de apoio entre as mulleres beneficiarias do programa, especialmente nas residentes de zonas pouco poboadas.

3 de xullo de 2017 | 14:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.