publicidade hoxe

López Abella destaca a importancia da sensibilización e da formación nunha xornada sobre mediación e igualdade de xénero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+
Susana López Abella, á esquerda, na inauguración da xornada

Susana López Abella, á esquerda, na inauguración da xornada

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou esta mañá na inauguración da Xornada “Igualdade de Xénero e mediación: unha oportunidade para explorar?”, organizada pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Ao acto tamén asistiron o decano da Facultade de Dereito, Gumersindo Guinarte, e a directora das xornadas, Raquel Castillejo Manzanares, catedrática de dereito procesual da USC.

Durante a súa intervención, a secretaria xeral apelou á necesidade de sumar esforzos entre todos os membros da sociedade para construír unha sociedade en igualdade. Para conseguilo, considerou prioritario seguir afondando na sensibilización, na formación e na aplicación de determinadas accións positivas que axuden a superar as barreiras de xénero.

Neste aspecto, puxo en valor iniciativas como a mediación, un proceso que busca resolver os conflitos cunha solución positiva e válida para ambas partes, baixo os principios da vontade, o diálogo e o consenso. Grazas a todos estes valores, considerou que a mediación pode ser unha ferramenta fundamental para converter a igualdade de oportunidades nunha realidade.

19 de xullo de 2017 | 14:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.