publicidade hoxe

Inaugúrase a mostra “Alén dos xéneros” no Auditorio de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Este xoves, ás 20:00 horas, inaugúrase a mostra Alén dos xéneros no Auditorio de Galicia, nun acto no que participarán Marta Lois, concelleira de Igualdade; Iñaki Martínez, director do MARCO de Vigo; Xaquín López, director do Auditorio de Galicia, e Anxela Caramés, comisaria da exposición.

Entre o 6 de xullo e o 12 de novembro, a sala de exposicións do Auditorio de Galicia acolle esta mostra colectiva, que reúne unha selección de obras de 50 artistas, como panorama das prácticas artísticas feministas en Galicia dende os anos noventa ata a actualidade.

A exposición permite contextualizar o traballo artístico que aborda as cuestións de xénero, poñendo en relación o ámbito galego co estatal e internacional. Ofrece unha revisión das prácticas feministas realizadas tanto por mulleres coma por homes e, á súa vez, tende pontes entre as producións artísticas e os movementos sociais e políticos reivindicativos, como os grupos activistas feministas e LGTBQI. A mostra indaga e afonda na pluralidade de aspectos da arte feminista e dá visibilidade a xeracións máis novas, vinculándoas coa obra de artistas cunha traxectoria máis consolidada.

5 de xullo de 2017 | 15:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.