publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Deteñen a unha persoa como presunta autora de tres incendios forestais en Lalín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica da Xefatura de Santiago informaron hoxe da detención dunha muller como presunta autora de tres incendios no concello de Lalín.

A Policía Autonómica de Santiago, en colaboración con axentes do Distrito Forestal número XVI de Lalín, procederon á detención dunha persoa, como presunta autora dun incendio ocorrido o 21 de xuño do presente ano, na parroquia de Barcia, no concello de Lalín (Pontevedra).

O lume foi provocado intencionadamente para limpar leiras abandonadas, e ademais atribúenselle a autoría de dous incendios ocorridos os pasados días 20 e 21 de xuño. A suma total da superficie afectada polos tres incendios ascende a 10.000 metros cadrados de superficie arborada e rasa.

Na actual campaña antiincendios forestais do 2017, un total de 61 persoas foron detidas ou investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais.

14 de xullo de 2017 | 14:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.