publicidade hoxe

Cores Tourís comproba o inicio dos traballos de reforzo do firme na PO-226 ao seu paso por Cuntis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCuntis
A-
A+
Cores Tourís na visita aos traballos de reforzo do firme

Cores Tourís na visita aos traballos de reforzo do firme

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís comprobou esta mañá, en compañía do alcalde de Cuntis, Manuel Campos, o iniciou dos traballos de reforzo do firme e selado de fisuras na PO-226 ao seu paso por este concello.

Cores Tourís estivo acompañado, ademais, do portavoz do PP no municipio, Antonio Pena, así como responsables da empresa adxudicataria, Covsa.

Deste xeito, os traballos suporán a mellora da estrada PO-226, entre os quilómetros 0 e o 12, afectando a un tramo situado no concello de Cuntis para o que se destinan algo máis de 20.000 euros. As obras consistirán no fresado e reposición do firme actual, actuando na calzada existente, dado que se detectou certo deterioro no mesmo. “Deste xeito, selaranse as fisuras cunha aplicación de masilla a base de betún modificado e tamén con lechada bituminosa”, explicou o delegado territorial, “e estenderase unha capa de 3 centímetros de mestura bituminosa”.

Nas zonas onde se detectaron fallos no firme e a estrada presente capa de rodaxe con mestura descontinua, realizarase un fresado localizado de 3 ou 5 centímetros de espesor, repoñendo estas zonas con unha nova capa de mestura bituminosa con rego de adherencia. Os fresados terán unha anchura mínima de 1,50 metros e unha anchura máxima igual á do carril correspondente.

Unha vez executada a mellora e reforzo do firme, reporase a sinalización horizontal mantendo os mesmos criterios na ordenación do tráfico que existen na actualidade. Os terreos sobre os que se vai a executar o proxecto pertencen ao dominio público da estrda polo que non será necesario expropiar novos terreos.

“A maiores de todo o anterior, tamén se incluíu no orzamento deste proxecto a limpeza e reperfilado das beiras destas estradas, a execución de cunetas de seguridade e a reposición das tapas de rexistro”, explicou Cores Tourís.

Durante a visita, o delegado territorial destacou que estes traballos forman parte dun proxecto de mellora de estradas que tamén permitirá reforzar a PO-308 e a PO-531 e que suporá un investimento global de 850.000 euros. Ademais destas actuacións de reforzo e rehabilitación do firme, co repintado de marcas viais e símbolos nos tramos destas estradas, tamén se repintarán outros tramos de varias estradas nas comarcas de Pontevedra e Arousa.

12 de xullo de 2017 | 14:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.