publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Comezan as obras do centro de maiores de Meira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoMeira
A-
A+

O Presidente, Darío Campos Conde, xunto ao Alcalde de Meira, Antonio de Dios Álvarez, e compañeiros do mesmo na corporación municipal, supervisaron este luns o inicio das obras da residencia e centro de día público, que o Goberno da Deputación leva a esta localidade chairega con 1.639.000 euros.

Campos Conde remarcou que “hoxe é un día grande, especialmente para os veciños de Meira, e para os de toda a provincia. Pois, con este centro da terceira idade, imos a incrementar, cando menos, en 50 as prazas de residencia e centro de día pública na nosa provincia e para os nosos maiores, dando resposta a unha demanda dos veciños deste Concello e de toda a provincia de Lugo”.

O Presidente explicou que esta infraestrutura ofrecerá 30 prazas na residencia, que poderán incrementarse ao dotar habitacións con posibilidade de seren dobres, e 20 prazas no centro de día.

O Alcalde apuntou que “o inicio destas obras é unha grande noticia para o Concello, pois imos a poder ofrecer aos nosos maiores un mínimo 50 prazas. É un día histórico para Meira. Gracias Presidente e gracias ao Goberno da Deputación por cumprir cos meirenses, que estabamos desexando este centro de maiores”.

Características

As obras arrancaron coa demolición da estrutura existente nunha finca de 3.312 metros cadrados da rúa Grupo Escolar, a carón do parque de Meira, no centro desta localidade. Estas actuacións proseguiran durante as vindeiras dúas semanas, aproximadamente, e logo comezarán as da construción da estrutura do edificio.

O edificio ocupará 734 metros cadrados de dito terreo, quedando amplas zonas verdes. Terá tres plantas. Na baixa, situarase o centro de día con capacidade para 20 usuarios. Contará con vestíbulo, recepción, aseos adaptados, baños asistidos, sala de curas, sala de rehabilitación, sala polivalente, sala de convivencia, sala de terapia, comedor, servizos de cociña, servizos de lavandería e vestiarios.

Na primeira planta, situarase o control de enfermería, baño xeriátrico e 14 habitacións con baño individual. Na segunda planta, haberá un local de apoio e outras 16 habitacións con baño individual. Son, polo tanto, 30 habitacións, que poderán ser dobre en caso de necesitar máis prazas na residencia.

4 de xullo de 2017 | 14:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.