publicidade hoxe

Comezan as obras de reforzo de firme na ponte da Cigarrosa, nun tramo antigo da estrada OU-533, no concello de Petín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurensePetín
A-
A+

A Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, inicia hoxe mércores, as obras de reforzo de firma na ponte da Cigarrosa, situado nun antigo treito da estrada entre A Gudiña e A Rúa (OU-533), ao seu paso polo concello ourensán de Petín.

Esta actuación consistirá na reparación do firme mediante o fresado da capa de rodadura, xa que a actual atopase deteriorada, e a reposicion dunha nova capa cunha lonxitude de 170 metros, que se completará coa reposición da sinalización.

Así mesmo, se realizará a mellora dun sobreancho da OU-533 nesa mesma zona cunha lonxitude aproximada de 100 metros que se completará coa reposición da sinalización e a instalación de defensa metálica na marxe do encoro.

O Goberno galego continúa a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.

19 de xullo de 2017 | 14:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.