publicidade hoxe

Baltar reúnese coa plataforma polo novo campo de fútbol de Ribadavia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseRibadavia
A-
A+

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial aos representantes da plataforma “Campo de herba artificial xa” de Ribadavia, encontro no que se comprometeu, a petición da plataforma, a manter unha reunión entre a Deputación de Ourense o Concello de Ribadavia e a plataforma, co obxectivo de que Ribadavia conte cun novo campo de fútbol. Manuel Baltar quedou á espera de que por parte da plataforma se confirme a data para dita xuntanza, coa finalidade de que ao remate da mesma se saia cun compromiso concreto para o novo campo para a práctica deste deporte.

14 de xullo de 2017 | 13:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.