publicidade hoxe

A Xunta inicia as obras de rehabilitación do firme dun tramo da estrada de Celanova para incrementar a súa seguridade viaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCelanovaOurense
A-
A+

A Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, levará a cabo mañá a rehabilitación do firme dun tramo de Celanova, OU-162 (antiga OU-540), concretamente entre os puntos quilométricos 0+000 e o 0+250, para o que será preciso realizar un corte no tráfico de 8 horas e desvialo pola estrada OU-540.

As obra de reforzo de firme, que terá un orzamento de 13.500 euros, consistirán na mellora da capa de rodadura mediante o fresado de encastres e zonas deterioradas e a reposición con mestura bituminosa en quente con betún caucho. Posteriormente, se realizará o pintado das marcas viais e a reposición da sinalización vertical que se precise.

13 de xullo de 2017 | 12:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.