publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta financia con 26.400 euros o acondicionamento da estrada que une Larín e Fonteabuín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLáncaraLocal PortadaLugoSarria
A-
A+

A Xunta financia con 26.446 euros a obra de afirmado e mantemento da estrada que une Larín, no municipio de Láncara, e Fonteabuín, no de Sarria.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que a achega responde ao programa de colaboración cos concellos que desenvolve a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para a mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais.

Balseiro explicou que o orzamento da obra alcanza os 33.000 euros (sen IVE), dos cales a Consellería de Presidencia asume o 80% correspondendo o outro 20% aos concellos promotores.

A estrada ten unha lonxitude aproximada de 2,5 quilómetros e unha anchura media de 2,80 metros, e os traballos que a realizar consisten na limpeza previa das marxes, adecuación de cunetas para facilitar a evacuación de augas, bacheo nos puntos nos que sexa preciso e extensión de novo pavimento con rego asfáltico.

Esta estrada presta servizo a núcleos rurais nos que se ubican explotacións agrogandeiras, e coa súa reparación asegúrase unha maior seguridade viaria e un mellor servizo para o tráfico de mercancías e servizos necesarios para o desenvolvemento da actividade económica.

O delegado territorial destacou que esta liña de axudas “é un instrumento máis do Goberno da Xunta para conseguir o equilibrio no territorio galego entre o medio rural e o urbano, para o cal é preciso mellorar as infraestruturas básicas no medio rural e fomentar a implantación de novos servizos demandados pola poboación”.

Entre as actuacións que financia a Xunta a través deste plan figuran a instalación, ampliación ou mellora das redes de luz pública; pavimentación de vías públicas municipais, que non estean incluídas no programa de mellora de camiños de titularidade municipal -que se financian ao abeiro do Plan Marco da Consellería do Medio Rural-; construción, mellora, ampliación ou rehabilitación de espazos públicos, como prazas, paseos, rúas, parques públicos e parques infantís; construción, mellora ou equipamento de edificios ou dependencias municipais, e construción ou mellora de instalacións deportivas.

13 de xullo de 2017 | 14:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.