publicidade hoxe

A Xunta convoca para o 21 de agosto aos titulares dos terreos afectados pola execución dunha senda entre Amoedo e Pazos de Borbén

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPazos de Borbén
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra a resolución pola que se convocan para o día 21 de agosto aos titulares dos terreos afectados pola execución dunha senda entre as travesías de Amoedo e Pazos de Borbén, na estrada PO-250, para o levantamento de actas previas á ocupación.

Os propietarios dos terreos afectados deberán achegarse á Casa do Concello de Pazos de Borbén, entre as 9.30 e as 12.30 horas.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda executará unha senda na marxe dereita da estrada PO-250 (Redondela-Forzáns) de case 820 metros de lonxitude, que conectará as beirarrúas de Amoedo, no punto quilométrico 6+500, coas existentes no núcleo de Pazos (Pq. 7+320).

A base técnica desta actuación é o proxecto de construción redactado polo Executivo autonómico o pasado ano, que conta cun orzamento base de licitación que supera os 220.000 € e o investimento estimado para as expropiacións é de case 20.000 euros.

A sección tipo consta consta dun ancho de 4,4 metros, cunha senda de 2,5 m de ancho separada da calzada por cuneta de seguridade, unha zona axardinada e os bordos de separación; salvo nos últimos 70 metros, na zona urbana de Pazos, na que a sección se reduce eliminando a cuneta e a banda vexetal. Como obra complementaria executaranse dous muros de contención.

Coa execución desta senda existirá un itinerario peonil continuo nesta estrada entre Amoedo e Pazos, xa que estes núcleos urbanos xa contan con beirarrúas.

Plan de Sendas

Esta actuación forma parte do Programa de Sendas de Galicia, que contempla 9 itinerarios na comarca de Vigo, sumando un total de 12,5 quilómetros e un orzamento que supera os 4,3 millóns de euros.

O Plan de Sendas de Galicia é unha iniciativa do Goberno galego que ten como obxectivo desenvolver as infraestruturas necesarias para facilitar unha mobilidade segura e sustentable.

31 de xullo de 2017 | 14:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.