publicidade hoxe

A Xunta apoia as obras de pavimentación e mellora nos accesos en tres núcleos rurais de Cervantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervantesLocal PortadaLugo
A-
A+

A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, apoiará as obras de pavimentación e mellora dos accesos en Vilarello da Igrexa, Villaspasantes e San Miguel, tres núcleos do termo municipal de Cervantes, na provincia de Lugo.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que o Goberno galego achegará con este fin unha axuda do 80% do custe total das obras de rehabilitación proxectadas neste tres espazos significativos de Cervantes, que contará cun orzamento total que superará os 48.200 euros.

Actuarase sobre 1.040 metros lineais de camiños de acceso

De estos tramos, englobados dentro dos camiños de titularidade municipal, vanse mellorar un total de 1.040 metros lineais de camiños de acceso. A anchura de calzada na que se aplicará a pavimentación é de 4,00 a 4,50 metros, variando este ancho nos distintos puntos de acceso, abarcando o ancho total da calzada existente que varía neste rango, respectando as tapas de alcantarillado existentes.

En Vilarello da Igrexa pavimentarase unha lonxitude de 500 metros, con ancho medio de catro metros con aglomerado en quente. En Villaspasantes pavimentarase unha lonxitude de 240 metros, con ancho medio de 4,20 metros, con aglomerado en quente. En San Miguel pavimentarase unha lonxitude total de 300 metros, con ancho medio de catro metros, con aglomerado en quente.

Na actualidade, as vías de comunicación nestes puntos presentan un firme irregular que dificulta o tránsito pola súa superficie, resultando incluso perigoso para os viandantes, polo que se fai necesaria unha intervención a fin de lograr unha base de rodaxe homoxénea e que acabe cos problemas que se están a dar na actualidade.

Elevados núcleos de poboación con tránsito de maquinaria agrícola

O concello de Cervantes conta con un número elevado de núcleos de poboación, os cales se atopan bastante dispersos ó longo de todo o seu territorio. Isto tradúcese nun elevado número de camiños e vías de titularidade veciñal, que serven de acceso a eses núcleos de poboación

Os camiños obxecto de mellora teñen unha frecuencia de uso elevada, ademais de servir como lugar de tránsito para a numerosa maquinaria agrícola existente na zona. O tránsito deste tipo de vehículos de gran tamaño ocasiona á larga problemas provocando fochancas e roturas no pavimento.

A isto debemos sumar que nos atopamos en unha zona de montaña na que os invernos acostuman a ser duros, tendo que repartir sal na superficie das vías para evitar problemas derivados da neve e do xeo, fai que a superficie destas vías se deteriore rapidamente.

O Goberno galego colabora coas administracións locais no obxectivo de dotar á veciñanza dunhas mellores condicións de vida, previndo e paliando algúns dos problemas que se producen, como pode ser facilitar unha serie de servizos en materia de comunicación viaria.

Balseiro concluíu lembrando que con apoios coma este da Xunta conséguese rehabilitar espazos públicos emprazados en lugares significativos dos concellos da provincia.

Obras no colexio

Neste mesmo concello a Xunta vén de rematar as obras de reparación catro aulas do colexio que consistiron no arranxo dos paramentos verticais e dos teitos das aulas, mediante repaso do soporte e pintura plástica, así como dos armarios e portas. Nesta actuación, o Goberno galego investiu un orzamento de preto de 6.000 euros.

28 de xullo de 2017 | 14:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.