publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta adxudica as obras de reforzo de firme na estrada LU-540, ao seu paso por Xermade, Muras e Ourol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugoMurasOurolXermade
A-
A+

A Xunta vén de adxudicar as obras de reforzo de firme localizado na estrada LU-540, que contarán cun orzamento de máis de 615.000 euros e beneficiarán aos concellos de lucenses de Xermade, Muras e Ourol, a empresa Construcciones Isidro Otero S.L. Esta actuación ten un prazo de execución de catro meses e iniciaranse o vindeiro mes de setembro.

As obras suporán a rehabilitación do firme mediante fresado e reposición da mestura de bituminosa en quente, nos tramos deteriorados entre os puntos quilométricos 8+100, concretamente, na Volta da Redoada, no Concello de Viveiro, e o 33+320, na intersección coa estrada da Deputación a Paidavella, no municipio de Xermade.

Actuarase en máis de 21,5 quilómetros e como accións complementarias á rehabilitación do firme, nas zonas que existe esgotamento da explanada, proponse a execución de gabias formigonadas, así como zanxas drenantes naqueles puntos na que a evacuación das augas cara a gabia sexa inviable.

Plan de reforzos de firme

Estas actuacións forman parte do Plan de reforzos de firme co que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda mellorará case 700 quilómetros de estradas de titularidade autonómica.

O Goberno galego continúa a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.

A Consellería de Infraestruturas está a realizar importantes esforzos en materia de conservación de estradas, con actuacións que non só se limitan ás tarefas ordinarias de conservación, senón que ademais se complementan con obras de conservación extraordinarias.

12 de xullo de 2017 | 12:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.