publicidade hoxe

A UNED de Pontevedra inaugura cinco cursos de verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraPontevedra
A-
A+

O centro asociado da UNED en Pontevedra inaugura hoxe os seus cursos de verán, con cinco alternativas que comezarán ás 17:00 horas e que se impartirán ata o venres 14 de xullo. O obxectivo destes cursos é acercar a Universidade á sociedade e constará de máis de cen horas de formación nas que participarán preto dunha trintena de expertos e investigadores nacionais e máis de catrocentos estudantes.

Concretamente serán cinco os cursos que acollerá Pontevedra. O primeiro deles é Arte y Leyenda en el Camino de Santiago”, curso dirixido pola profesora Inés Monteira no que se poderá estudar o rico patrimonio material e inmaterial que atesora a ruta de peregrinación. O segundo curso titulase La Antropología en Casa. Trabajos de Campo sin Exotismo e ten por obxectivo acercar a realidade antropolóxica da península ibérica ao alumnado participante. Este segundo curso está dirixido por Alfredo Francesh Díaz, doutor en Antropoloxía Social e Cultural e profesor da UNED, e nel participarán as profesoras e profesoras da Universidade Nacional de Educación a Distancia Nancy Anne Konvalinka, Fernando Monge e Carmen Osuna, e a antropóloga e investigadora do Centro de Ciencias Humanas e Sociais do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), Margarita del Olmo.

En canto ao terceiro dos cursos que impartiranse desde hoxe na UNED chámase Aprendizaje Ubicuo y Móvil e está orientado a docentes que desexen adquirir novos coñecementos teórico-prácticos relacionados con estratexias de aprendizaxe mediante tecnoloxías móbiles. Este curso organizado pola UNED está dirixido polo profesor Esteban Vázquez Cano. Violencia, Agresividad y Resolución de Conflitos é o nome do último curso, que terá lugar nas instalacións do Centro Asociado. O seu obxectivo é abordar o problema actual e crecente de violencia na sociedade e estará dirixido por Amparo Osca Segovia.

Por último, o Centro Asociado da UNED de Pontevedra conta un ano máis cun curso de verán para reclusos do Centro Penitenciario da Lama, co obxectivo de facilitar a súa integración futura no mercado laboral. O nome deste quinto curso é Técnicas y Medios para la inserción Laboral en la Sociedad del Conocimiento e contará con poñentes como Clara Sánchez, profesora-tutora do Centro Asociado; Sara Fernández, investigadora da Universidade de Vigo, ou Vicente Garrido, profesor da Universidade de Valencia.

12 de xullo de 2017 | 14:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.