publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Policía Autonómica investiga un presunto de maltrato e abandono animal en Outeiro de Rei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOuteiro de ReiPortada dereitaSucesos
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica da Sede Lugo informan da investigación por un presunto delito de maltrato e abandono animal a un cidadán de Lugo

O pasado 6 de xullo,a xefatura da Policía Autonómica de Lugo recibe unha chamada alertando do lamentable estado no que se atopaban varios cans, ao parecer abandonados polo seu dono, nunha finca no lugar de Arcos, Outeiro de Rei (Lugo).

Os axentes unha vez persoados no lugar , localizan cinco cans, dos cales, un atópase morto e amarrado polo pescozo cunha cadea e en avanzado estado de putrefacción, dous atados por cadeas e dous ceibes, todos eles desnutridos e sen microchip para a súa identificación.

Polos feitos dáse conta ao Concello, facéndose cargo dos animais. As dilixencias foron tramitadas e remitidas tanto ao Xulgado de Instrución número 3 de Lugo como á Fiscalía.

13 de xullo de 2017 | 12:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.