publicidade hoxe

Vila de Cruces suma unha nova achega de 100.000 euros co plan da Deputación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraVila de Cruces
A-
A+

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar, a través de sendas resolucións presidenciais, dous novos investimentos ao Concello de Vila de Cruces no marco do “Plan Concellos 2017”, dentro da súa liña 1. Nesta ocasión, a institución provincial achegará a cantidade de 59.700 euros que permitirán que a vila realice unha mellora do camiño entre Vilariño e Beuvas e, ademais, grazas a outra achega de 35.778,37 euros poderá financiar as obras do muro de contención de Carbia máis a mellora de varios camiños municipais nos núcleos de Losón e Bodaño. O total das dúas axudas suma un importe de 95.478,37 euros.

Ao abeiro do “Plan Concellos 2017”, anteriormente a institución provincial xa destinara a Vila de Cruces 96.663,20 euros para poder afrontar diversos gastos correntes e, finalmente, outros 134.770,60 euros para a contratación de 11 persoas que desempeñarán as súas funcións nos diversos servizos municipais da vila, a través da liña 3 de Emprego do plan.

Coa suma desta nova achega, a porcentaxe de adxudicación do “Plan Concellos 2017” da Deputación de Pontevedra en Vila de Cruces atópase no 50,7 % o que se traduce en que a vila xa dispón de 326.912,17 euros dun total de preto de 650.000 euros.

19 de xuño de 2017 | 17:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.