publicidade hoxe

Susana López Abella participa na constitución da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero de Tomiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaTomiño
A-
A+
Intervención de Susana López Abella na Mesa Local

Intervención de Susana López Abella na Mesa Local

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na constitución da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero do concello de Tomiño. O obxectivo deste órgano é promover, no ámbito municipal, políticas e actuacións de cara á erradicación desta lacra.

López Abella destacou que compete aos poderes públicos a loita para a prevención e a erradicación da violencia de xénero, coa obriga de articular medidas de sensibilización, asesoramento, atención e protección ás mulleres que a sofren, procurando os medios efectivos e axeitados a cada caso e as alternativas para o exercicio dos seus dereitos como cidadás nun estado democrático. Polo tanto, resulta fundamental coordinar todos os recursos dirixidos a sensibilizar a toda a sociedade na loita e prevención da violencia de xénero.

20 de xuño de 2017 | 17:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.