publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Rosa Quintana os sistemas de trazabilidade galegos como garantía de seguridade na comercialización dos produtos pesqueiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaiona
A-
A+

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, inaugurou esta tarde en Baiona o XVIII Congreso AECOC de Produtos do Mar, que se celebra hoxe e mañá no Parador deste municipio. Alí a titular de Mar fixo fincapé na importancia dos sistemas de trazabilidade galegos, que xestiona a propia Consellería do Mar, e que se constitúen como unha garantía de seguridade na comercialización dos produtos pesqueiros.

Nesta liña, a conselleira sinalou que a trazabilidade xoga un papel determinante nos procesos de comercialización pesqueira xa que nese proceso identifícanse os pasos que dá un produto desde a súa orixe ata a súa comercialización. Neste eido, Rosa Quintana lembrou que Galicia fixo un importante esforzo para controlar a actividade extractiva a través da posta en marcha da plataforma tecnolóxica da pesca e da instalación dos caixeiros ticpesc nos portos galegos.

Neste eido, Rosa Quintana fixo fincapé en que “dispoñer dun sistema axeitado que asegure a calidade, a seguridade alimentaria e a sustentabilidade dos nosos produtos procedentes da pesca, do marisqueo e da acuicultura en todos os elos da cadea mar –industria é a pedra angular desta materia”. Por este motivo, explicou que “a trazabilidade xera tamén un elemento diferencial que asegura a imaxe de produtos de calidade”.

Durante a súa intervención, a conselleira agradeceu á dirección de AECOC que unha vez máis escollesen Galicia para a celebración do congreso, xa que, dixo, “é a rexión pesqueira europea por excelencia”. Ademais eloxiou a celebración deste encontro que serve para poñer en común as visións de mercado do sector produtor, transformador, comercializador e distribuidor de produtos do mar, para fortalecer e aumentar a competitividade de toda a cadea de valor mar-industria e para adaptarse ao consumidor do mercado actual.

O Congreso

O Congreso AECOC de Produtos do Mar pretende ser un punto de encontro dos responsables da produción, elaboración, comercialización e distribución de produtos do mar co obxectivo de que compartan a súa visión do mercado, así como os aspectos para mellorar a comercialización, ampliar os mercados e satisfacer a demanda do consumidor.

Así, nos dous días de duración deste congreso, diferentes expertos e profesionais analizarán aspectos como as tendencias de consumo, os selos de pesca sustentable, a evolución dos produtos do mar, a innovación na súa industria, a súa cadea de valor e a súa promoción.

6 de xuño de 2017 | 17:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.