publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Requisan tres embarcacións e máis de 50 quilos de marisco en dous controis contra o furtivismo na área de Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaRedondelaSucesos
A-
A+

Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisaron 3 embarcacións e máis de 50 quilos de marisco en dous controis realizados na área de Vigo en colaboración coa Garda Civil.

Un deles levouse a cabo en Chapela, en Redondela, onde requisaron dúas embarcacións que tiñan folio falso. A maiores, noutro control desenvolvido en Rande, os axentes requisaron outra embarcación que estaba a faenar de xeito ilegal e fixéronse con case 40 quilos de vieira, preto de 13 de nécora e un equipo de mergullo.

27 de xuño de 2017 | 10:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.