publicidade hoxe

Preséntase o himno da Federación Galega de Atletismo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLocal PortadaOurenseOurense
A-
A+
Presentación do himno da Federación Galega de Atletismo

Presentación do himno da Federación Galega de Atletismo

A Federación Galega de Atletismo xa ten o seu propio himno, obra do director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, Xosé Lois Foxo, quen xunto ao deputado provincial de Deportes, Juan Anta, e o presidente da Federación Galega de Atletismo, presentaron esta peza musical no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación. Asemade representantes da Real Banda de Gaitas e da Coral da Ruada foron os responsables de abrir e pechar este acto coa interpretación do Himno.

Juan Anta destacou a importancia de “continuar a traballar para vincular a cultura ao deporte, como coa creación desta peza musical que vai a emocionar e a motivas a moitos deportistas galegos”. Asemade, o deputado provincial de Deportes felicitou a ambos “polo labor que realizan a diario nas súas organizacións”.

Pola súa parte, o presidente da Federación Galega de Atletismo dixo que a creación deste himno forma parte da celebración da “práctica atlética organizada en Galicia, que o ano pasado, cumpría o seu centenario” e que enriquece “unha longa historia froito de moito traballo e esforzo”. Ademais sinalou que os himnos “identifican a unha colectividade e con este queremos representar a colectividade do atletismo federado, que son miles de practicantes, integrado fundamentalmente por atletas, directivos, clubs, xuíces, adestradores, pero tamén ás máis de 80.000 persoas que fan habitualmente a práctica do atletismo popular”.

O compositor do himno explicou que é unha “marcha inspirada no himno galego de Pondal, e a letra ten ese espírito de crear patria e defender Galicia, esa Galicia que se sente orgullosa da súa historia”. O himno ten vocación de “ser unha achega ao deporte galego, non só a nivel profesional, senón de calquera persoa que o practique, e aportar así, o noso gran de area ao deporte galego”, engadiu Foxo.

22 de xuño de 2017 | 17:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.