publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio forestal en Triacastela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaSucesosTriacastela
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica da Xefatura de Lugo informaron hoxe do esclarecemento dun incendio forestal no concello lucense de Triacastela. Os axentes da Policía Autonómica de Lugo en colaboración con axentes dos Distritos VII (A Fonsagrada- Os Ancares) e IX (Lugo- Sarria), procederon á imputación dun varón, como presunto autor dun incendio ocorrido o pasado 25 de abril, na parroquia de Folgueiras, no concello de Triacastela.

O lume afectou a unha superficie rasa de 0,35 hectáreas, e foi producido cando o investigado realizaba unha queima, de xeito neglixente e sen autorización, posto que estaban suspendidas polo risco de incendios.

Polos feitos descritos, tramitáronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Becerreá. Na actual campaña anti-incendios forestais do 2017, un total de 41 persoas foron detidas/investigadas pola Policía Autonómica, como presuntas autoras de incendios forestais.

5 de xuño de 2017 | 16:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.