publicidade hoxe

Os veciños da zona de Cures-Boiro xa poden usar os novos predios da parcelaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiroLocal Portada
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o anuncio da Consellería do Medio Rural polo que se anuncia a toma de posesión provisional dos novos predios da reestruturación parcelaria de Cures-Boiro, localizada no concello coruñés de Boiro.

Esta concentración parcelaria supón a reorganización da propiedade de 9.871 parcelas en 2.322 predios, pertencentes a un total de 1.378 propietarios. Dende o inicio da mesma, lévanse investido algo máis de 3,4 millóns de euros, dos cales a meirande parte foron destinados á execución da rede de camiños principais e secundarios.

Con este anuncio dáse un paso máis no proceso concentrador e ponse en coñecemento dos veciños que poden comezar a usar desde hoxe as novas leiras resultantes do proceso de reorganización. Deste xeito, a Xunta de Galicia contribúe a mellorar os accesos ás novas parcelas e aumentar o valor da base territorial das explotacións das zona.

A partir da toma de posesión, os adxudicatarios teñen 60 días para poder reclamar ante a Xefatura Territorial do Medio Rural na Coruña no caso de que existan diferenzas superiores ao 2% entre a cabida real das novas leiras e a que conste no expediente de concentración.

9 de xuño de 2017 | 13:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.