publicidade hoxe

O programa #UpdatePeme da Amtega convoca unha xornada sobre os beneficios das TIC para as cooperativas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), celebra o vindeiro 28 de xuño na Cidade da Cultura a sesión #UpdatePeme Economía social. Mellora a colaboración e a comercialización na túa cooperativa grazas ás TIC. É a se segunda das xornadas previstas no Programa #UpdatePeme posto en marcha pola Amtega en febreiro.

A xornada, que comezará ás 19.00 horas, está orientada destinada fomentar o uso das novas tecnoloxías entre o sector da economía social, tanto no relativo á páxina web, redes sociais e venda a través de internet como na comunicación.

Programa

O programa desta sesión, organizada en colaboración coa Rede Eusumo da impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, inclúe un relatorio, a cargo da coñecida adega Paco&Lola, titulado “Descubre as vantaxes da comercialización en liña”. A continuación, está prevista unha mesa de experiencias na que participarán tres cooperativas galegas de diferentes sectores que falarán das súas experiencias coas novas tecnoloxías. Por unha banda, Seragro, que falará sobre a consulta en liña dunha explotación de vacún dedicada á actividade leiteira; por outra, Nosa Enerxía, que explicará como chegar a novos socios a través das TIC; e, por último, Bico de Xeado, que desvelará como deseñar un plan de marketing para as redes sociais. A sesión finalizará cunha rolda de preguntas e un debate sobre os temas tratados.

Para participar nesta actividade cómpre inscribirse na web do CDTIC (https://cdtic.xunta.gal/updatepeme-economia-social) ou a través da súa aplicación dispoñible para plataformas Android e iOS. A asistencia é de balde e aínda é posible anotarse para acudir, xa que as prazas, polo momento, non están cubertas.

#UpdatePeme, difundindo as TIC cun enfoque sectorial

A Amtega puxo en marcha o pasado mes de febreiro, o programa #UpdatePeme, cun enfoque sectorial orientado a promover a transformación dixital das pequenas e medianas empresas e que mostra as solucións tecnolóxicas que se están a aplicar con éxito en pemes galegas. O programa, integrado nas actividades do Centro Demostrador TIC da Amtega, abrangue varias sesións dirixidas a colectivos empresariais específicos, nas que diversas empresas exporán a súa experiencia particular no uso dun produto ou servizo TIC de utilidade para o colectivo.

O programa #UpdatePeme comezou o pasado mes 23 de febreiro coa sesión #Updatepeme_Turismo: como a dixitalización pode axudar ás empresas turísticas, na que colaborou o Clúster Turismo de Galicia.

As sesións deste programa compleméntanse con gravacións de cada unha das intervencións e artigos divulgativos sobre a aplicación das tecnoloxías amosadas, que poderán ser consultados polas empresas na web do Centro Demostrador TIC (http://cdtic.xunta.gal).

Centro Demostrador TIC

O CDTIC, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, é unha iniciativa que promove a transformación dixital das pemes de Galicia como factor clave para mellorar a súa eficiencia e competitividade. Así, a través de distintos servizos e actividades, o CDTIC amósalles ás empresas a importancia de impulsar o talento dixital dentro destas, para desenvolver unha nova organización do traballo e unha cultura dixital na que o persoal e a clientela se sintan cómodos ante a incorporación das tecnoloxías.

O Centro Demostrador TIC de Galicia é froito dun convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, a través de Red.es, cofinanciada con fondos Feder.

21 de xuño de 2017 | 16:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.