publicidade hoxe

O Goberno da Deputación de Lugo mellora con 50.000 euros a travesía do Adro de Lanzós

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoVilalba
A-
A+

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, supervisou este martes os traballos de mellora dun treito de case 1 quilómetro da estrada LU-P-6502, que une Vilalba con Chavín por a Balsa. Os traballos, nos que o Goberno da Deputación investiu 50.000 euros, consisten na mellora dun treito de 800 metros que se corresponde coa travesía do Adro de Lanzós.

As obras de mellora nesta estrada abranguen desde o punto quilómetro 4, 670 ata o 5,490. Consistiron no asfaltado con aglomerado en quente deste treito de 820 metros, así como na limpeza de cunetas.

Estes traballos benefician directamente aos máis de 200 veciños da parroquia de Lanzós, así como a ducias de habitantes das parroquias veciñas pois esta vía conecta con establecementos e comercios locais; así como coa Escola Habaneira ou o campo da festa de Lanzós. Ademais, une Vilalba coas parroquias de Goiríz e Santaballa.

Vidal Baamonde asegurou que estes traballos de mellora “enmárcanse na política do Goberno da Deputación para atender a rede viaria da provincia, que é unha das extensas de España con 4.300 quilómetros. Nesa política estamos e o esforzo que facemos estase a ver nas estradas”

14 de xuño de 2017 | 17:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.