publicidade hoxe

O conselleiro de Sanidade desataca a relevancia dos profesionais no 25º aniversario da Escola de Enfermería de Povisa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraVigo
A-
A+
Almuiña preside os actos do 25 aniversario da Escola de Enfermería de Povisa

Almuiña preside os actos do 25 aniversario da Escola de Enfermería de Povisa

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, presidiu esta mañá os actos do 25º aniversario da Escola de Enfermería de Povisa. Durante a súa intervención, Almuiña destacou que a enfermería é un labor moi vocacional que require unha combinación de coñecementos, aptitudes e habilidades que cómpre traballar ao longo do período de formación e darlle continuidade despois.

O conselleiro lembrou o importante momento que vive a enfermería co título de Grao universitario no que Povisa foi pioneiro na súa posta en marcha. Tamén destacou desenvolvemento das especialidades, o que posibilita o acceso a estudos de Mestrado e Doutoramento. Almuiña quixo facer un recoñecemento á relevancia dos profesionais da enfermería na transformación do sistema, para adaptalo ao coidado dos enfermos crónicos e con pluripatoloxía.

14 de xuño de 2017 | 16:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.