publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O alumnado do CEIP Rubiáns de Vilagarcía coñece o despacho da conselleira do Mar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVilagarcía de Arousa
A-
A+
Visita do alumnado do CEIP Rubiáns de Vilagarcía

Visita do alumnado do CEIP Rubiáns de Vilagarcía

Un grupo de alumnos e alumnas do Colexio de Educación Infantil e Primaria Rubiáns, situado no concello de Vilagarcía de Arousa, desprazáronse esta mañá a Santiago de Compostela para coñecer o despacho da conselleira do Mar, Rosa Quintana. Esta visita didáctica dá continuade á realizada no pasado mes de abril pola propia conselleira ás instalacións do colexio de Rubiáns, que desenvolve o proxecto O mar de Sabela centrado no ensino de temáticas mariñeiras.

Ao abeiro desta iniciativa, os nenos e nenas coñecen as distintas especies mariñas a través de xogos con imaxes. Ademais, no marco do proxecto, os escolares recibiron charlas sobre peixes e mariscos por parte do Grupo de acción local do sector pesqueiro da ría de Arousa, asistiron a outro relatorio sobre o mexillón e tamén recibiron diversas visitas de persoas vinculadas ao mundo do mar, como foi o caso do capitán dun barco da Marina Mercante, dun biólogo da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) e de dous fotógrafos submarinos.

6 de xuño de 2017 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.