publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Nava Castro destaca a calidade turística dos profesionais galegos ao reforzar a imaxe de Galicia como destino competitivo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSanxenxo
A-
A+
Nava Castro na entrega dos distintivos SICTED

Nava Castro na entrega dos distintivos SICTED

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, valorou hoxe o traballo dos profesionais galegos do turismo que, co seu compromiso por acadar a excelencia e calidade, están a reforzar a imaxe de Galicia como destino máis competitivo.

A responsable de Turismo da Xunta fixo estas declaracións hoxe en Sanxenxo durante a súa participación na entrega de distintivos SICTED, que recoñecen o compromiso pola calidade turística no sector, e que se entregaron a máis de 70 empresas e servizos públicos deste municipio, entre novos distinguidos e renovacións.

Durante a súa intervención, Nava Castro recordou o compromiso da Administración autonómica neste eido, que, como incidiu, queda plasmado na Estratexia do Turismo de Galicia 2020 na que se inclúe, entre outras medidas, o apoio a xeodestinos, municipios e empresas do sector que pretendan conseguir algunha acreditación de calidade.

“Sabemos que ese é o camiño para mellorar a imaxe do sector pero tamén para consolidar a confianza e fidelidade dos millóns de visitantes que ano a ano recibimos en Galicia”, indicou. Por iso sinalou que hoxe, máis que nunca, coas múltiples posibilidades que ten o turista á hora de elixir un destino, “debemos competir en calidade”.

Preto de 300 establecementos con Q de Calidade

Unha calidade na que Galicia é referente, como demostran os novos profesionais recoñecidos neste acto e tamén os máis de 280 establecementos e servizos turísticos certificados coa Q de Calidade Turística cos que Galicia pechou 2016. Foron sete máis que o ano anterior, situando a nosa comunidade no segundo territorio con máis establecementos con este certificado.

Con estes novos distintivos SICTED, promovidos pola Secretaría de Estado de Turismo co apoio da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP), Sanxenxo sitúase na cabeza dos concellos galegos con estes distintivos “demostrando que a calidade dos establecementos, servizos e produtos turísticos galegos son un valioso elemento diferencial que nos posiciona como destino”, indicou.

27 de xuño de 2017 | 16:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.