publicidade hoxe

Medio Rural entrega unha pértega ao concello de Culleredo para a loita contra a vespa velutina

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+

A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, fixo entrega esta mañá dunha pértega ao concello coruñés de Culleredo para loitar contra a vespa velutina.

Esta acción enmárcase no Plan de vixilancia e control da vespa velutina en Galicia, onde a consellería está distribuíndo 40 pértegas de 27 metros de lonxitude e 1 pértega de 7,5 metros aos concellos colaboradores. A entrega deste material realízase a aqueles concellos onde máis avisos houbo o pasado ano e que non recibiron este equipamento. Esta distribución súmanse á xa realizada no ano 2016, no que se cederon un total de 37 pértegas.

13 de xuño de 2017 | 18:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.