publicidade hoxe

Me & The Bess + Alto Volta abren o ciclo de concertos TerraZeando 2017

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioSantiago de Compostela
A-
A+

Comeza TerraZeando, a sexta edición de ciclo de concertos ao fresco, que por mor da chuvia cambia a ubicación da Finca do Espiño a Sala Sónar. Será mañá xoves 29 de xuño ás 21.00h con entrada de balde.

TerraZeando pretende aproveitar lugares especiais de Compostela que raramente son empregados na música en directo. Espazos que por si mesmos son capaces de amplificar as emocións e sensacións xa xeradas por un concerto. Terrazas, parques e espazos singulares que polo seu magnetismo dan lugar a noites inesquecibles.

ME AND THE BEES (Barcelona)

Me and the Bees voltaron neste 2017 cun dous discos que está destinado a ser referencia en todas as listas do mellor do ano. “Menos Mal” é un compendio de referencias clásicas no melódico, destilando hedonismo en combinación cun espírito próximo ao das bandas senlleiras do indie americano dos 90.

Un traballo sobrado de melodías e de estribillos marabillosos, cheo de cancións concisas, directas e nutridas de electricidade, que nos levan a evocar os mellores momentos de The Breeders, The Amps ou Pavement.

ALTO VOLTA (Valga)

Con Cazador TerraZeando tiña unha débeda pendente, contraída o ter que suspender dúas veces o seu concerto na edición de 2015. Non houbo tempo a liquidala, xa que a banda esvaeceuse cando estaba nun magnífico estado de forma.

Rebautizados como Alto Volta e incluindo presenza feminina á batería, o avance do que será o seu primeiro traballo, deixa claro que o folque americano e o shoegaze continúan a ser as súas influencias máis recoñecibles e que nunca se debe perder a fe.

28 de xuño de 2017 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.