publicidade hoxe

Feijóo participa no II Aniversario do Hospital Álvaro Cunqueiro Medrando xuntos: os bebés do Álvaro Cunqueiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraVigo
A-
A+
Visita do titular da Xunta ao hospital

Visita do titular da Xunta ao hospital

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asistiu hoxe ao acto conmemorativo do II Aniversario do Hospital Álvaro Cunqueiro Medrando xuntos: os bebés do Álvaro Cunqueiro; o maior hospital público construído, aseverou, durante a recesión económica grazas ao esforzo de todos os galegos.

Nesta liña, destacou e agradeceu o traballo de todo o persoal sanitario que durante estes dous anos fixo do Cunqueiro un centro de referencia. E afirmou que grazas á colaboración dos traballadores se presentou un plan estratéxico “pensado nas persoas e nos pacientes”, que dará resposta ás necesidades presentes dos profesionais, para satisfacer as necesidades futuras dos pacientes.

Ao longo da súa intervención, o responsable do Goberno galego lembrou que a construción deste hospital público supuxo unha transformación sen precedentes na atención sanitaria do sur de Galicia, unha área que conta con 600.000 pacientes. “Estamos a falar dun hospital que fixo mudar a sanidade en Vigo e no sur de Galicia”, dixo, incidindo en que o seu tamaño é tres veces superior ao do antigo Xeral Cíes, co 70% das habitacións individuais e dotado con todos os medios técnicos.

Feijóo rematou lembrando que o Hospital Álvaro Cunqueiro foi elixido en 2016 por 1500 profesionais como o mellor hospital público de Galicia.

29 de xuño de 2017 | 19:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.