publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Feijóo avoga por facer da recuperación económica unha oportunidade para converter nun lugar máis atractivo o rural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada esquerdaSilleda
A-
A+
O presidente da Xunta na visita á Semana Verde

O presidente da Xunta na visita á Semana Verde

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avogou hoxe por facer da recuperación económica unha oportunidade para converter o rural nun lugar máis atractivo para emprender e para vivir.

Durante o acto inaugural da XL Feira internacional Abanca-Semana Verde de Galicia, Feijóo aseverou que, con ese obxectivo, a Xunta está a poñer diversas ferramentas ao servizo de todo aquel que queira apostar polo rural. Iniciativas entre as que destacou a política de impostos cero no rural, con exencións para compra de vivenda en case o 94% do territorio galego; a posta en marcha de axudas para facilitar a remuda xeracional, coa incorporación ao rural de máis de 1300 mozos en só dous anos; e a aposta por mellorar a calidade de vida a través dun plan de transporte que implicará máis paradas de autobús.

Ao longo da visita á feira, o titular da Xunta destacou dous elementos clave que fan desta cita o maior certame multisectorial de mostras e ocio do noroeste peninsular: a sustentabilidade e a identidade.

“A sustentabilidade porque a clave deste recinto era abrirse a novas actividades e, hoxe, iso é unha realidade, acollendo feiras de turismo, salóns de alimentación, parques de ocio para os máis pequenos, entre outros moitos usos. E a identidade, porque esta feira está en contacto permanente co medio rural”.

Feijóo salientou a implicación e o esforzo dos traballadores da Semana Verde, así como o traballo conxunto para que no seu 40 aniversario acadase un nivel de ocupación de expositores similar a 2007, superando os 630 participantes. E concluíu referíndose a este evento como a proba de que Galicia cre no seu rural.

8 de xuño de 2017 | 15:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.