publicidade hoxe

Cores Tourís destaca a labor da comunidade de montes da Franqueira na Cañiza polas labores de prevención do lume forestal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Cañiza
A-
A+

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá a labor da comunidade de montes da Franqueira no concello da Cañiza na prevención do lume forestal, facendo referencia aos case 12.354 euros que acaba de recibir por parte da Consellería de Medio Rural para a realización de traballos de roza mecanizada.

Na visita estivo acompañado polo alcalde da localidade, Miguel Adolfo Domínguez, así como pola directiva da comunidade de montes da Franqueira, do xefe do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, Manuel Francisco e do xefe do distrito XVII, Teodoro Arribas.

O delegado territorial anunciou que a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Rural, acaba de facer públicas as axudas para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e Sofor. Neste senso, ademais da comunidade de montes da Franqueira, no concello de A Cañiza tamén se viron beneficiadas as de Achas, Parada de Achas e Petán. En total, preto de 63.373 euros para traballos de roza e clareo nos montes deste concello.

Na comarca do Condado e A Paradanta aprobáronse 27 proxectos cun total de 306.000 euros. Así, beneficiáronse en Covelo as comunidades de montes de Graña, Santiago de Covelo, Godóns, Santa Mariña, San Salvador de Prado, parroquia de San Xoan de Piñeiro, Prado da Canda e Santa María do Campo, Maceira, A Lamosa e A Graña. En Ponteareas, Xinzo e Padróns; en Crecente, Ameixeira, Rebordechan, Filgueira e Angudes; nas Neves, Taboexa e Santa Eulalia. E finalmente, en Mondariz, Gargamala e Toutón.

En relación á provincia, en total aprobáronse 119 proxectos por un montante de 974.975 euros.

A comarca do Condado-A Paradanta atópase no Distrito XVII, onde se executarán, grazas a estas axudas, 4 puntos de auga, un de 30 metros cúbicos, outro de 60, e outros dous de 110 metros cúbicos, e se executarán traballos de roza sobre 612 hectáreas, con labores de rexeneración, faixas auxiliares a pista e devasas.

Por outra banda, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra fixo un chamamento á cidadanía para que se adopten as medidas de precaución durante estes días de cara a evitar lumes accidentais e recordou que antes do 30 de xuño, os propietarios arrendatarios, usufrutuarios o titulares de los terreos deberán xestionar a vexetación preta ás vivendas. Así, para as casas illadas o límite é de 10 metros, nos que non pode haber maleza nin árbores, dos 10 aos 50 metros non pode haber maleza, pinos, eucaliptos nin acacias e o resto dos árbores teñen que estar separados entre sí. Dende o límite das aldeas ata os 30 metros tampouco debe haber maleza, nin pinos, nin eucaliptos nin acacias. Nas novas urbanizacións manterase unha franxa de seguridade de 50 metros, ao igual que para as casas illadas.

Destacar tamén a utilización por parte da cidadanía do 085 como teléfono de aviso, “operativo as 24 horas do día para transmitir calquera alarma por lume no monte. Entre todos podemos evitar os incendios e minimizar o seu impacto”.

12 de xuño de 2017 | 16:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.