publicidade hoxe

Controlado o incendio forestal rexistrado na parroquia de Quins, en Melón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMelónSucesos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio rexistrado no concello ourensán de Melón, parroquia de Quins, permanece controlado desde as 21,42 h. de onte. Segundo as últimas estimacións, este lume afectou unha superficie de 150 hectáreas, das cales 100 corresponden a monte raso e as 50 restantes a arborado.

Este incendio comezou ás 23,00 h. do domingo e no seu control traballaron 8 axentes, 18 brigadas, 7 motobombas, 1 pa e 8 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

20 de xuño de 2017 | 09:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.