publicidade hoxe

Comeza a segunda fase do Plan de sendas de Galicia que contará con 40 novos itinertarios e 50 quilómetros de vías

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFriolLáncaraLocal PortadaLugoLugoOuteiro de ReiPortomarínRábade
A-
A+
Presentación do Plan de sendas de Galicia

Presentación do Plan de sendas de Galicia

A Xunta porá en servizo na provincia de Lugo 40 novas sendas, preto de 50 quilómetros de vías, que suporán un investimento de 10,5 millóns de euros. Estos itinerarios inclúense nas 95 sendas peonís e ciclistas que se executarán en 11 comarcas de Galicia, dentro da 1ª e a 2ª fase do Plan de Sendas de Galicia, que terá un investimento de preto de 40 millóns de euros para 130 quilómetros de itinerarios. O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, presentou hoxe en rolda de prensa este Plan.

En concreto, para esta comarca de Lugo plantéxanse 6 novas sendas con preto de 8 km. de lonxitude e un investimento estimado de 2,5 M€, estarán en Portomarín, Lugo, Rábade, Outeiro de Rei, Friol e Láncara e comézase co proceso para a redacción dos proxectos, tal e como informa hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG), coa publicación da licitación do contrato para a redacción dos proxectos construtivos de 5 sendas na comarca de Lugo. Para obter máis información pódese consultar o seguinte enlace.

Este contrato prevé un prazo de 12 meses para a redacción dos proxectos, polo que a comezos de 2018 contarase con primeiros documentos redactados, para que en 2019 se podan iniciar a contratación das obras. Lembrar tamén que o mes pasado licitouse os correspondentes á comarca de Ourense e á do Morrazo; e en vindeiras datas licitarase o de Pontevedra.

Balseiro remarcou que estas sendas teñen os fondos garantidos e recollen actuacións tan importantes como o itinerario dun quilómetro nun treito da LU-633, que une Portomarín cos núcleos situados na outra ribeira do encoro do Miño, un camiño que lle permite aos veciños destes núcleos acceder con maior facilidade aos servizos e que mellorará substancialmente o paso actual pola ponte sobre o encoro, nun treito que coincide co Camiño Francés a Santiago.

No concello de Láncara, unirase a urbanización de Valdriz co núcleo da Pobra de San Xiao cunha senda coa que se ampliará, ademais, a ponte sobre o río, que é o principal obstáculo actual para a mobilidade peonil ou ciclista. Neste caso, xa se contratou o proxecto no mes de marzo e, na actualidade, está en redacción.

Con estes traballos danse os pasos necesarios para que os veciños destes concellos de Lugo e tamén os peregrinos poidan dispoñer, canto antes, de sendas seguras, sostibles e integradas na paisaxe para realizar os seus itinerarios habituais.

En marzo de 2016, comezouse a desenvolver a 1ª Fase deste Plan en 7 comarcas galegas, A Coruña, Bergantiños, Ferrol, Santiago, A Terra Cha, O Salnés e Vigo para continuar avanzando nesta medida de xeito progresivo ata ter completados a totalidade de itinerarios, O delegado territorial da Xunta en Lugo explicou que a primeira fase atópase moi avanzada, concretamente, nas 7 comarcas encargouse a redacción de 48 proxectos construtivos que incluían 55 sendas, cunha lonxitude final de 87 km e xa se iniciou a tramitación administrativa de 35 deses 48 proxectos, estando licitadas 20 obras que suman máis de 30 quilómetros de lonxitude e, na segunda fase, comézase agora a redacción dos proxectos.

Plan de sendas

Estes proxectos conxugan identidade, seguridade, durabilidade e interación paisaxística, para o que se emprega elementos como: pavimento integrado; un bordo con sinalización; un separador verde e unha gabia de seguridade. Con este esquema, plantéxanse tres tipos de sendas: unha senda mixta: unha senda mixta con bordo e outra senda para os lugares onde a dispoñibilidade de espazo é menor.

Este Plan ten como obxectivo incrementar a seguridade de peóns e ciclistas, posto que son os usuarios máis vulnerables das estradas. Tamén busca promover unha mobilidade máis sustentable, favorecendo modos de desprazamento menos contaminantes e alternativos á utilización do vehículo particular.

Enmárcase no Plan de Seguridade Viaria 2016-2020, que se aprobou en febreiro de 2016 e que se fixa como obxectivo estratéxico reducir á metade as vítimas mortais nas estradas galegas e alíñase cos obxectivos do Plan Estratéxico 2015-2020 de Galicia e coa Estratexia Europea 2020, en canto á promoción dunha economía baixa en carbono mediante o fomento dunha mobilidade sustentable.

19 de xuño de 2017 | 16:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.