publicidade hoxe

Caballero cualifica a operatividade de Ryanair en Vigo como “magnífica”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

O rexedor mantivo un encontro co director da compañía irlandesa para España e Portugal para analizar a súa situación na terminal viguesa, onde a conexión con Barcelona traballa “a plena capacidade e demanda reforzos” a os voos internacionais funcionan ao mesmo nivel.

 

Tras a reunión o alcalde referiuse á “crónica dunha alianza moi satisfactoria, moi boa para Vigo, o aeroporto, os voos e a compañía” para describir a situación de Ryanair na terminal olívica. Ao seu entender, isto “pon de relevo que nos asistía e nos asiste a razón cando dicimos que o aeroporto ten unha enorme capacidade de crecemento pero que necesita oferta, voos porque se non os hai non se pode usar”, quedando “fóra de toda dúbida” a súa operatividade.

Así, Caballero sinalou que coincide con José Espartero, responsable de vendas e marketing de Ryanair para España e Portugal, en que a operatividade da aeroliña é “magnífica”, polo que o Concello segue propoñéndolle unha conexión con Madrid, sen axudas, un extremo que a compañía estaría estudando ao estar “satisfeitos” cos resultados en Vigo.

Segundo expuxo o alcalde, ambos coincidiron en que a liña a Barcelona é “excepcional, xa que opera a plena capacidade e demanda reforzos porque o nivel de ocupación é moi elevado e, no tocante ás catro rutas internacionais (Edimburgo, Dublín, Milán e Boloña) dixo, “operan no mesmo tenor”.

8 de xuño de 2017 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.