publicidade hoxe

Balseiro visita a fraga da Marronda na que a Xunta realizará labores para mellorar os accesos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaleira
A-
A+
Balseiro na visita á fraga de Marronda

Balseiro na visita á fraga de Marronda

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio mellorará os accesos á fraga da Marronda, no concello lugués de Baleira, unha área formada por antigos bosques de frondosas autóctonas, que se atopa na cunca alta do río Eo e que forma parte da Rede Natura 2000 e está catalogada como Zona Especial de Conservación (ZEC)

Os traballos de mellora dos accesos darán comezo previsiblemente a semana próxima, tras iniciarse no día de hoxe as actuacións previas consistentes no traslado dos materiais e a preparación do terreo. A actuación conta cun orzamento de 68.000 euros e un prazo de execución de mes e medio.

Así o explicou esta mañá o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro quen, acompañado do alcalde da localidade, Ángel Martínez Puga e dos técnicos encargados da obra, explicaron os pormenores dos traballos a executar.

De feito, Balseiro indicou que as actuacións previstas servirán para poñer en valor este encrave, de grande interese natural, no que podemos atopar importantes bosques antigos formados fundamentalmente por carballos e faias. Ademais neste espazo discorren varias rutas de sendeirismo a través das cales se poden coñecer os seus valores ambientais.

Garantir a circulación todo o ano

O principal acceso á fraga realízase hoxe a través do camiño municipal que vai desde a estrada LU-750 ao núcleo de San Paio. Esta vía salva en dous pasos os cursos de auga dos regatos do Candal e dos Cabazos. As actuacións permitirán mellorar a capacidade de desaugue e evitará que en períodos de choiva os regos asolaguen os camiños e impidan a circulación polos mesmos provocando distintos estragos.

A obra incluirá a escavación para a colocación dos elementos estruturais, afirmado da base onde irán colocadas as novas obras de fábrica, construción dunha ponte de 6 metros de luz e 5,40 metros de lonxitude. Construción de aletas de roca e mamposteria e afirmado e asfaltado do camiño por riba das obras de fábrica.

15 de xuño de 2017 | 13:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.