publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Balseiro entrega a chaves de dúas vivendas de promoción pública no Incio aos novos propietarios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO Incio
A-
A+

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, vén de entregar as súas chaves aos novos propietarios de dúas vivendas de promoción pública construídas a iniciativa da Consellería de Infraestruturas e Vivenda na rúa do Rodeiro, do municipio lugués do Incio.

Balseiro explicou que as vivendas entregadas dispoñen de 89,94 metros cadrados cada unha e contan, entre as súas características, con tres dormitorios, tres trasteiros e praza de garaxe. Todas as vivendas dispoñen de cociña, salón de estar-comedor, baños, tendedeira e unha pequena zona axardinada, pois están construídas coa tipoloxía de chalés encostados.

A Xunta adxudica as vivendas en réxime de aluguer. Quedaría pendentes de entrega outras catro polo que, precisamente, con carácter previo a este acto tivo lugar o sorteo das mesmas entre os adxudicatarios que resultaron tras o proceso de selección por estar inscritos no rexistro único de demandantes de vivenda.

As vivendas de promoción pública do Incio construíronse sobre unha parcela cedida para tal fin polo concello no ano 2008. No ano 2010 adxudicáronse as obras, nas que o Goberno galego investiu preto de 1 millón de euros

Nova entrega de VPP en Chantada

Pero a do Incio non foi a única entrega de vivendas realizada hoxe na provincia, a primeira hora da mañá tamén se fixo entrega dunha vivenda de promoción pública sita no municipio de Chantada, en concreto na praza de España.

Neste caso tratouse dunha vivenda 79,79 metros cadrados de superficie útil e que conta cun dormitorio. Ademais de cociña, salón de estar-comedor e baños. O réxime de adxudicación foi tamén de aluguer.

O Goberno galego non detén os procedementos de adxudicación de vivendas de promoción pública na provincia co obxecto de favorecer o acceso a un fogar a aquelas persoas e familias que así o precisan o cumpran os requisitos correspondentes.

21 de xuño de 2017 | 17:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.