publicidade hoxe

Augas de Galicia explica a súa experiencia na xestión dos recursos hidráulicos durante a semana da auga en Panamá

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exterior
A-
A+

O director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez, explicará a experiencia e traballo que leva a cabo o departamento que dirixe na xestión dos recursos hídricos na Semana da Auga en Panamá.

Trátase dun foro organizado polo Goberno panameño, en colaboración co Grupo Banco Mundial, para o intercambio de experiencias para tratar os diversos retos e oportunidades aos que se enfronta Panamá, en relación coa implantación do Plan de Seguridade Hídrica Nacional. Augas de Galicia ten unha participación relevante en varias actividades destas xornadas, como organismo de referencia en xestión hidrolóxica e administración hidráulica.

O director de Augas de Galicia presentou a evolución da Administración Hidráulica de Galicia e a experiencia acumulada na elaboración dos plans de saneamento local das rías, como ferramentas de alto nivel para a planificación e xestión de infraestruturas que se encontran na vangarda tecnolóxica a nivel mundial neste campo.

Hoxe mesmo, Roberto Rodríguez Martínez participa nun panel específico sobre a administración de bacías hidrográficas complexas e tamén tivo a oportunidade de intervir nunha sesión de traballo que xirou en torno á experiencia de Augas de Galicia, e do Goberno Panameño, na xestión de cuncas urbanas. O obxectivo foi proporcionar aos asistentes exemplos de éxito da administración galega, tanto na xestión de bacías hidrográficas como na planificación de infraestruturas de saneamento en contornos costeiros.

Esta participación enmarcase dentro da estratexia de internacionalización que Augas de Galicia ven desenvolvendo nos últimos meses, co obxectivo de poñer en valor o experiencia e o know-how do sector galego da auga a nivel internacional e posicionalo -xunto coa Administración Hidráulica de Galicia- nos foros e espazos de traballo internacionais de cooperación ao desenvolvemento, así como de innovación e investigación.

13 de xuño de 2017 | 17:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.