publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Augas de Galicia colabora no XIII Encontro de Voluntariado do Proxecto Ríos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínLocal Portada
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través de Augas de Galicia, colabora no XIII Encontro de Voluntariado do Proxecto Ríos.

Este encontro celebrarase o vindeiro venres, 16 de xuño, e o sábado nas ribeiras e sobreiral do río Arnego, en Lalín, e centrarase en descubrir a biodiversidade tamén coñecida como Bioblitz. Os participantes nesta actividade, organizados por grupos, percorrerán treitos do río para coñecer máis de cerca os tesouros naturais que agochan os cursos fluviais.

O venres, pola noite, realizaranse tarefas de captura e identificación de morcegos, e o sábado fotografiaranse especies de flora e fauna coa finalidade de identificalas.

O obxectivo deste encontro é divulgar a biodiversidade dos ríos da Demarcación Galicia-Costa e poñer en valor a súa riqueza, así como a necesidade de conservala.

As persoas interesadas en participar nesta actividade poden anotarse nos teléfonos 981570099/ 616238050 ou no enderezo electrónico pacobanhobre@adega.gal.

Cómpre lembrar que esta actividade está enmarcada dentro do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia (Adega), renovado en marzo deste mesmo ano, para o desenvolvemento dunha nova edición do programa de educación para a sustentabilidade dos ríos (Proxecto Ríos).

Un dos retos fundamentais desta colaboración é dar a coñecer o papel fundamental dos ríos e as problemáticas ambientais ligadas a estes, así como achegar prácticas e comportamentos que permitan aos cidadáns o mantemento e mellora dos cursos fluviais.

14 de xuño de 2017 | 17:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.