publicidade hoxe

Arturo Parrado destaca a Fundación Juan Soñador no seu labor de acadar a plena inserción sociolaboral das persoas migrantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurense
A-
A+
Arturo Parrado na visita ao centro Teranga

Arturo Parrado na visita ao centro Teranga

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou hoxe, coincidindo co Día Mundial do Refuxiado, o centro de inclusión social Teranga- Ourense da Fundación Juan Soñador. Alí, o responsable da carteira de Inclusión salientou o labor desta asociación nesta cidade, que ten como finalidade facer realidade o dereito das persoas en situación ou en risco de exclusión social a unha vida máis digna, centrando a súa actividade nos menores, familias e inmigrantes en situación de risco ou exclusión social.

Dentro das accións que desenvolve a Fundación Juan Soñador, Arturo Parrado salientou o proxecto Teranga, que favorece a plena inserción sociolaboral das persoas migrantes para aumentar a súa calidade de vida, atendéndoas de forma integral e velando pola efectividade dos seus dereitos e deberes, fomentando o traballo en rede con outras entidades e potenciando a interculturalidade como modelo de cidadanía.

O director xeral sinalou que a Xunta de Galicia seguirá apoiando a esta fundación no seu obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas que máis o precisan. Deste xeito enumerou a gran cantidade de actuacións e cursos que a fundación pon á disposición dos usuarios dos seus centros. Concretamente, no exercicio 2016-2017 destaca o curso de español básico, itinerarios persoais de inserción laboral, emprego no fogar, coidado para bebés, curso de persoas maiores, curso de cociña, informática e internet útil, limpeza de superficies, galego útil, alfabetización ou hixiene alimentaria para manipulador de alimentos, entre outros.

No 2016-2017, a Xunta de Galicia destinou 56.575,63 euros a Juan Soñador en Ourense, dos cales, 54.204,52 euros empregáronse no desenvolvemento de diversas accións formativas e 2371,11 euros serviron para a adquisición de mobiliario de oficina e ordenadores entre outros útiles. No global galego, a Administración autonómica achegou á entidade unha suma de 207.344 euros.

20 de xuño de 2017 | 16:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.