publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Adxudicadas por 69.709 euros as obras de construción dunha senda peonil na DP 5401 de Narón ao Polígono de Río do Pozo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaNarón
A-
A+

A Deputación da Coruña vén de adxudicar á empresa Obras e Servizos Indigo, por importe de 69.709,78 euros, as obras de construción dunha senda peonil na estrada DP 5401 que conecta Narón co polígono de Río do Pozo por Castro.

As obras consistirán na construción dunha senda peonil paralela a esta estrada provincial de 2 metros de ancho e 680 metros de lonxitude, entre os puntos quilométricos 1+920 e 2+600, que contará con bordo de formigón na súa parte exterior e cuneta para a recollida de pluviais.

O proxecto inclúe o traslado de postes de tendido eléctrico, telefónico e alumeado afectados polas obras, así como a instalación de sinalización vertical e horizontal. O prazo de execución dos traballos será de catro meses a partir do inicio das obras.

28 quilómetros de sendas en 17 concellos

A Deputación da Coruña impulsa actualmente, a través do departamento de Vías e Obras, a construción de máis de 28 novos quilómetros de sendas en estradas provinciais de 17 concellos da provincia, aos que agora se suma esta nova infraestrutura no concello de Narón.

Dende o inicio do actual mandato, o goberno presidido por Valentín González Formoso aprobou investimentos por importe de máis de 3,5 millóns de euros para a creación de sendeiros que axuden a incrementar a seguridade vial dos peóns nas marxes da rede provincial de estradas.

O obxectivo, segundo explican dende o departamento provincial de Vías de Obra, é acadar os 60 quilómetros de sendas ao final do mandato.

5 de xuño de 2017 | 16:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.