publicidade hoxe

A Xunta inicia o trámite de exposición pública do proxecto para a implantación do servizo de transporte público regular á praia das Catedrais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaRibadeo
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o inicio da exposición pública do proxecto para a implantación dun servizo de transporte público regular de uso xeral á praia das Catedrais. Ata o vindeiro día 17 de xuño poderase consultar este documento na Dirección Xeral de Mobilidade (praza de Europa, 5ª, 2º andar. Área Central en Santiago de Compostela).

As características do proxecto coincide en canto a prestacións co servizo que se veu prestando en anos anteriores, polo que se prevé a prestación de tres servizos diarios por sentido entre Ribadeo e a Praia das Catedrais, con horarios que varían en función das mareas, coa finalidade de facilitar ás persoas usuarias o acceso ao espazo natural coa baixamar, cando é máis demandado o acceso e se pode apreciar mellor o efecto da erosión nos cantís. A previsión é que este servizo comece a funcionar o 1 de xullo e se manteña activo ata finais de setembro.

As condicións do servizo, previstas como elementos básicos no proxecto sometido a información pública, poderán ser melloradas por parte das empresas nas súa ofertas, tanto en canto á calidade do servizo ofertado (mellores vehículos, maior información ás persoas usuarias, superior número de expedicións, entre outros), como en relación ao prezo a pagar polas persoas usuarias.

8 de xuño de 2017 | 16:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.