publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta fai entrega das chaves de cinco vivendas de promoción pública en Viveiro, Muras e Vilalba

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoMurasVilalbaViveiro
A-
A+
Balseiro na entrega de chaves

Balseiro na entrega de chaves

O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), que depende da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, fixo hoxe entrega de cinco vivendas de promoción pública situadas en Viveiro, Muras e Vilalba.

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, asistiu aos actos de entrega de chaves aos adxudicatarios -un en Viveiro e dous en Muras e Vilalba respectivamente- e lembrou que están en tramitación novas adxudicacións, xa que a semana pasada celebráronse os sorteos para ocupar tres vivendas no Valadouro, dúas en Burela, e outras tantas en Cervo e Foz.

Igualmente, o vindeiro xoves está previsto celebrar o sorteo para adxudicar catro vivendas en Monforte de Lemos e dúas en Sarria. Logo destes sorteos cada adxudicatario coñece a vivenda que lle corresponde e debe comunicar por escrito a súa conformidade, para ser convocado ao acto de entrega de chaves.

As persoas interesadas en acceder a unha vivenda de promoción pública poden inscribirse en calquera momento no rexistro de demandantes de vivendas de Galicia. En base a este rexistro, a comisión de Vivenda elabora cada ano -no mes de xaneiro- os listados de segundas transmisións ou reservas, mediante sorteo ante notario entre os inscritos. Deste listado saen os adxudicatarios que son chamados a medida que van quedando vivendas baleiras.

6 de xuño de 2017 | 17:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.