publicidade hoxe

A Xunta entrega ao Concello de Redondela o seu escudo e bandeira oficial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaRedondela
A-
A+
Entrega do escudo e bandeira ao Concello de Redondela

Entrega do escudo e bandeira ao Concello de Redondela

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, entregou hoxe ao alcalde de Redondela, Javier Bas, a bandeira e o escudo oficial do concello. No acto, que tivo lugar dentro das actividades programadas para a Festa da Coca, tamén participou o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves.

O escudo e a bandeira oficiais contan coa aprobación do Consello da Xunta e constitúen un signo de identidade do concello, ao que identifican e diferencian.

14 de xuño de 2017 | 17:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.