publicidade hoxe

A Xunta convoca a entidades e colectivos de Vigo para impulsar a candidatura integradora Illas Cíes-Parque Nacional Illas Atlánticas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+

Consellería de Cultura e Educación reunirase mañá xoves, nunha xornada de traballo de carácter informativo con diversas institucións, entidades e colectivos da sociedade viguesa para informarlles dos trámites efectuados e dos avances alcanzados ata o momento, en relación coa promoción da candidatura integradora Illas Cíes-Parque Nacional das Illas Atlánticas á Patrimonio da Humanidade.

O goberno galego mantén así a súa folla de ruta, logo da dobre negativa do alcalde de Vigo a poñer en común a información de ambas administracións para enriquecer unha candidatura conxunta, integradora de todas as Illas Atlánticas, coas Cíes á cabeza. Así, o titular de Cultura impulsou e cumpriu hoxe co seu calendario de entrevistas cos alcaldes de Bueu e Vilagarcía e mañá farao co de Ribeira, municipios os tres aos que pertencen as illas Ons, Cortegada e Sálvora, incluídas no Parque Nacional das Illas Atlánticas, xunto ás viguesas illas Cíes.

A reunión cos colectivos da cidade de Vigo, á que tamén se convidou aos voceiros dos partidos con representación no consistorio, está fixada para as 18 horas no Edificio Cambón. Está previsto que tralas intervencións do director-conservador do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, José Antonio Fernandez Bouzas, e do conselleiro Román Rodríguez, os asistentes poidan plantexar as dúbidas que consideren e facer as achegas que estimen oportunas para o enriquecemento da candidatura.

14 de xuño de 2017 | 17:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.